ALGO ESTÁ CAMBIANDO EN SAN XULIÁN...

viernes, 16 de enero de 2015

INAUGURACIÓN RUTA BTT FIXA SECCION B (OESTE VEDRA)

Outro evento máis no que os Tirolecos van participar, esta vez como colaboradores do Concello de Vedra na ruta btt que inaugurará a dita casa consistorial o día 24 de xaneiro as 16:00 horas na Área Deportiva Chao Redondo. Asistiremos como colaboradores e participantes na dita ruta btt e invitámosvos a que participedes cos vosos pequenos xa que é para todos os públicos. É unha ruta libre non competitiva, de paseo, pero recomendamos desde a Asociación Deportiva e Cultural Tirolecos San Xulián o emprego das medidas de seguridade obrigatorias para andar na bicicleta.

  Deixámosvos o enlace tal e como é con información da dirección a tomar:








FOTOS NO FACEBOOK 

domingo, 4 de enero de 2015

Ruta de reis co club btt ultreia

Hoxe día 4 de xaneiro outra nova actividade promovida polo clube btt ultreia de santiago que tiveron a iniciativa de facer un evento nas redes sociais para vir a andar pola nosa zona de vedra, concretamente pola zona de san xulian e arredores onde lles amosamos novos sitios que estamos a preparar para unha futura ruta btt san xulian. Parece que lles gustaron os sitios novos, e disfrutamos todos dunha maña soleada no recén estreado ano 2015. Grazas a todos por vir.




 https://www.facebook.com/tirolecosanxulian/media_set?set=a.320612291474742.1073741851.100005779207111&type=1