ALGO ESTÁ CAMBIANDO EN SAN XULIÁN...

domingo, 23 de noviembre de 2014

NON MAIS BÁGOAS

NON MAIS BÁGOAS:
Hoxe unha pequena representación da asociación deportiva e cultural Tirolecos de San Xulián, fixeron acto de presencia para percorrer as rúas de Compostela en protesta polas trampas que existen nos montes galegos e a falta de educación vial por parte dos conductores por non respetar a distancia de seguridade cos ciclistas. Por Diego e demáis compañeiros lesionados ou víctimas simplemente dun accidente mentres conducían a súa bicicleta, queremos deixar constancia nesta pequena crónica que desde aquí sumamos as restantes asociacións e clubs galegos.

domingo, 9 de noviembre de 2014

I BTT BAÍÑAS, VIMIANZO

I BTT BAÍÑAS, VIMIANZO
Outra novo reto marcado polos Tirolecos de San Xulián, neste caso imos a terras de Vimianzo a unha ruta moi recomendada para os aprendices, que nos organizou a asociación de ciclistas da costa da morte, 30 Km polos paraxes de Baíñas, que ainda que choveu e os camiños estaban enlamados, estivo moi ben en todo momento. Moi boa organización e bo ambiente entre os deportistas. Deixámosvos como sempre uns detalles en fotos.




domingo, 2 de noviembre de 2014

BTT NOCTURNA DE TODOLOS SANTOS E SUBIDA AOS LAGOS DE COVADONGA

Unha vez máis publicamos algun detalle das actividades da asociación Tirolecos de San Xulián, neste caso unha saída en btt nocturna polo entorno da parroquia e o ascenso e descenso aos lagos de covadonga.