ALGO ESTÁ CAMBIANDO EN SAN XULIÁN...

viernes, 18 de diciembre de 2015

RENOVACIÓN DA ASOCIACIÓN

                                

Onte día 17 de Decembro de 2015 en reunión informal a Asociación Tirolecos San Xulián por varios motivos, entre eles a falta técnica e organizativa, pouca involucración dos socios e motivos económicos, propón a renóvación da directiva da asociación Tirolecos de San Xulián. Esta nova directiva que se presenta, trae moitas ideas novas e frescas, así como renovar parte das actividades deportivas e culturais que xa ofrecíamos. A xente preguntarse porqué o anunciades? Moi sinxelo, nos non temos porqué esconder as decisións de todos, xa que como digo, levámonos ben, pero moitas trabas impídenos seguir a nosa labor como directivos.Un pracer seguir nesta asociación e grazas a todos polos apoios ofrecidos e dados.


O secretario en funcións:
Darío L.

martes, 27 de octubre de 2015

TRABALLO INTERNO

Estamos a traballar internamente colaborando co concello de vedra para ter acondicionadas as rutas fixas que este dispón para a práctica de btt (bicicleta todo terreo). Unha de elas xa está revisada e pasada ao truck de unha aplicación gratuita de mobil. Para que ninguén se perda e poida disfrutar da zona de vedra e algún dos seus camiños. Próximamente intentaremos pasar a outra ruta cicloturística fixa do concello, logo a nosa propia ruta de San xulián e logo intentaremos facer e pasar os trucks das rutas de sendeirismo entre outras.

http://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11170028


http://www.concellodevedra.com/ficheiros/FOLLETO%20rutas_btt%20Vedra.pdf


comezo sección A: 42,791232,-8,4322380
comezo sección B: 42,823444,-8.5171030




RETO DO TEIDE

Xa fai uns mesiños un dos nosos socios fundadores e secretario da asociación foi ao parque nacional de o Teide e alí animouse a facer unha das moitas rutas de sendeirismo que hai sinalizadas para disfrutar das paixases e dos camiños que alí atopou como pequena mostra unha foto do ascenso ao mesmo.

lunes, 8 de junio de 2015

CRÓNICA IV RUTA BTTINTO E ANDAINA

Esta crónica é un pouco comentar o acontecido este ano na ruta bttinto que tanta e tanta xente leva. Eu Darío, como secretario de Tirolecos San Xulián e partícipe deste evento, vexoa do seguinte modo.
É o segundo ano que facemos a ruta btt, este ano atrevímonos coa btt longa e coa andaina, para comezar teño que dicir que a organización está de dez, sabemos que hai que moverse moito para conseguir todo o que se conseguiu nestas probas, que como di o diariario Faro de Vigo mover a 200 voluntarios non é doado, sorteos, colaboradores, etc.. Como digo este ano participante na proba btt longa pareceume exaxerada xa que tanto as subidas imposibles de pedras soltas como as baixadas rotas e con saltos para certas bicicletas de btt, como un inicio curto para que os ciclistas se foran colocando según a sua forma física diante ou detrás, refírome a unha saida de varios km e logo unha subida forte e amplia para que os participantes se foran posicionando según forma física.Non vou criticar aquí os defectos senon felicictar de novo a organización polo bo traballo, que houbo moito, pero este ano ao meu parecer pasáronse. Eu desfallecido pola calor, sen forzas e con gañas de rematar, non disfrutei da btt ainda que a rematara.






jueves, 4 de junio de 2015

4ª RUTA BTTINTO RIBADUMIA

Outra actividade na que participarán varios tirolecos asistirán como deportistas altruistamente a este gran evento clasificado xa como o máis numeroso de toda Galicia. Uns na moladidade Btt curta e longa distancia e outros na modalidade de andaina asistirán como ben dixemos este domingo 7 de xunio. mais info no facebook de tirolecos.

domingo, 31 de mayo de 2015

DIA DA BICICLETA DA DORNA, TROBE-VEDRA

Hoxe un grupete con novas incorporacións de Tirolecos San Xulián, participou como é de costume dende sempre, no xa clásico día da bicicleta que organiza a Asociación Xuvenil da Dorna en Vedra. Un paseíño por varias parroquias de vedra, de 16 km para todos os públicos. Como sempre en agradable compañía que todos disfrutamos.Despois do paseiño houbo unha exibición de Trial con obstáculos a cargo de Marcelo Multari Ao final  levámonos unha grata sorpresa, despois dos sorteos de agasallos cando un dos participantes dos Tirolecos tocoulle a bicicleta que a Asociación Xuvenil da Dorna en Trobe sorteaba.







jueves, 28 de mayo de 2015

MARCHA EN BICI MASA CÍVICA COMPOSCLETA

Onte os Tirolecos sairon apoiando a asociación cívica composcleta, unha nova asociación compostelana que reenvindica entre outras cousas o uso da bicicleta por Santiago e comarca. Un paseíño polas rúas compostelás de casi cinco km nas que calquera pode participar, eso sí respetando en todo momento as normas de tráfico vixentes. Dende os Tirolecos o noso apoio a estas iniciativas altruistas e animarvos a tod@s que participedes saldrán o último mércores de cada mes as 20:30 h dende a Praza Roxa de Santiago.



martes, 12 de mayo de 2015

I marcha interxeracional en bicicleta, serra de outes

Este pasado domingo día 10 de Maio un grupete de amigos dos Tirolecos, partiron cara a serra de outes cos seus fillos para participar na primeira marcha interxeracional en bicicleta, que facían dende o concello de serra de outes. un percorrido de 14km que cando menos entretidos, podían acudir todos os públicos, escoltados, diante pola policía local e detrás co coche escoba e o coche de protección civil neutralizados en todo momento para manter o gurpo xunto, xa que se trataba de un paseíño. Os mais cativos chegoulle só ca ida, de 7km de percorrido, e alí puideron participar nun pequeno circuito feito debaixo dun pinar. Logo a volta, os mais fortes fixeron o traxecto de volta, ainda que algunha costiña tiveron que desmontar e subila a pe xa que era bastante esixente. Moi ben organizado polo equipo deportivo de afecionados a revoltas ciclistas que dende o noso blog felicitamos por esa boa inciativa altruista.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=9629538




lunes, 13 de abril de 2015

Dende os tirolecos queremos informar que imos a tratar de sair en bici de montaña todos os sábados pola tarde 16:30 h para persoas pouco asiduas ou amateurs, e os Domingos as 10:00 da mañá xa para xente con máis práctica, dende o campo da festa de san xulián de sales, esto non quita que se poida quedar outros días se se pode. Ponte en contacto con nós polo facebook ou por e-mail para saber que estás interesad@ en vir.



miércoles, 4 de marzo de 2015

TIROLECOS EN LAND ROBER

Os Tirolecos preparan unha actividade cultural, asistirán como público ao programa land rober...
Tiveron unha primeira toma de contacto o pasado mércores como figurantes no tanatorio dos Panchos.

https://www.youtube.com/watch?v=PgwI1DQZf64&sns=fb








martes, 17 de febrero de 2015

V RUTA DA CAMELIA CONCELLO DE VEDRA 2015

O domingo pasado día 15 de febreiro 9 valientes da asociación deportiva e cultural Tirolecos formamos parte da gran marea de cores da xa V ruta Btt da camelia do Concello de Vedra, aínda que non todos por igual. E digo isto porque como en todo equipo ainos mellores e peores. Desta vez moi salteado ao chegar a meta, pero o importante e sírvenos de consuelo é participar, como se soe decir. Con isto queremos decir que nesta asociación formamos parte todo tipo de persoas, non somos un equipo de competición nin nada similar, o que queremos e pasar un bo día acompañados con xente agradable. Volvendo ao tema da Btt como xa dixen varios participantes da asociación, unha delas accidentada de gravidade, que dende aqui lle mandamos un saudo a Teresa, e decirlle que  se  recupere pronto e que non se desanime para volver a pedalear nesta  fermosa ruta btt  que nos tiña preparado o Concello de Vedra polas terras da Ulla. Outra avaría desta vez mecánica foi a que lle ocorreu a Darío sen máis consecuencias que demorarse no transcurso da mesma. Moi ben indicada en todo momento, cruces, todos cubertos por voluntarios atentos en todo momento e moteiros ao longo da mesma para ter un control de todos os participantes. Parabéns.
Como sempre vos deixamos un pequeno aliciente do que foi a ruta en fotos.






lunes, 9 de febrero de 2015

RUTA E REGULARIDADE DE ROIS

O día 7 de febreiro como outra actividade dos Tirolecos, neste caso foi social e cultural e poderíamos decir tamén deportiva, dous dos seus integrantes, os irmans Lado, foron a ruta de regularidade que os compañeiros de clasicos de rois coa colaboración de ponte nafonso racing fixeron por terras de muros e noia, un total de 325 km de asfalto disfrutando dunha preciosa ruta turística, eso sí controlada en todo momento polos organizadores. Estupenda mañá de sábado que pasamos.




viernes, 16 de enero de 2015

INAUGURACIÓN RUTA BTT FIXA SECCION B (OESTE VEDRA)

Outro evento máis no que os Tirolecos van participar, esta vez como colaboradores do Concello de Vedra na ruta btt que inaugurará a dita casa consistorial o día 24 de xaneiro as 16:00 horas na Área Deportiva Chao Redondo. Asistiremos como colaboradores e participantes na dita ruta btt e invitámosvos a que participedes cos vosos pequenos xa que é para todos os públicos. É unha ruta libre non competitiva, de paseo, pero recomendamos desde a Asociación Deportiva e Cultural Tirolecos San Xulián o emprego das medidas de seguridade obrigatorias para andar na bicicleta.

  Deixámosvos o enlace tal e como é con información da dirección a tomar:








FOTOS NO FACEBOOK