ALGO ESTÁ CAMBIANDO EN SAN XULIÁN...

martes, 30 de diciembre de 2014

CRÓNICA FIN DE ANO

Esta crónica é como resumo de este ano 2014 que nos deixa, Falar un pouco dos acontecementos que nos ocurriron este ano. Dentro das actividades na asociación, falar das numerosas rutas btt e andainas de outros compañeiros nas que participamos con humilde presencia. nada que reseñar, sólo aprender de tantas cousas que se poden ir facendo. Outra das cousas que nos gustaría nomear, e lexos de ter unha uniformidade ou ter mais ou menos soci@s, é as actividades que fixemos neste primer ano como nova asociación de Vedra. A primeira pedestre de San Xulián e o partido de futbol entre solteiros e casados. O intento de facer a IV ruta btt de Tirolecos San Xulián que insistiremos para o ano en volvela a facer cambiando o percorrido se fai falla. E Moitas máis actividades que temos programadas, con moitas gañas de facelas, si os organismos nos votan unha man para por frente aos gastos que todos sabedes que se teñen. Sen máis e esperando que para o ano sexa un ano bo para todos desexámosvos dende os Tirolecos de San Xulián,,,


FELIZ ANO NOVO 2015




domingo, 23 de noviembre de 2014

NON MAIS BÁGOAS

NON MAIS BÁGOAS:
Hoxe unha pequena representación da asociación deportiva e cultural Tirolecos de San Xulián, fixeron acto de presencia para percorrer as rúas de Compostela en protesta polas trampas que existen nos montes galegos e a falta de educación vial por parte dos conductores por non respetar a distancia de seguridade cos ciclistas. Por Diego e demáis compañeiros lesionados ou víctimas simplemente dun accidente mentres conducían a súa bicicleta, queremos deixar constancia nesta pequena crónica que desde aquí sumamos as restantes asociacións e clubs galegos.

domingo, 9 de noviembre de 2014

I BTT BAÍÑAS, VIMIANZO

I BTT BAÍÑAS, VIMIANZO
Outra novo reto marcado polos Tirolecos de San Xulián, neste caso imos a terras de Vimianzo a unha ruta moi recomendada para os aprendices, que nos organizou a asociación de ciclistas da costa da morte, 30 Km polos paraxes de Baíñas, que ainda que choveu e os camiños estaban enlamados, estivo moi ben en todo momento. Moi boa organización e bo ambiente entre os deportistas. Deixámosvos como sempre uns detalles en fotos.




domingo, 2 de noviembre de 2014

BTT NOCTURNA DE TODOLOS SANTOS E SUBIDA AOS LAGOS DE COVADONGA

Unha vez máis publicamos algun detalle das actividades da asociación Tirolecos de San Xulián, neste caso unha saída en btt nocturna polo entorno da parroquia e o ascenso e descenso aos lagos de covadonga.




sábado, 25 de octubre de 2014

SAIDA NOCTURNA DE TÓDOLOS SANTOS E SUBIDA AOS LAGOS DE COVADONGA

Para o vindeiro sábado día 1, día de tódolos santos, os Tirolecos de san xulián farán a súa xa tradicional saída nocturna en btt ( bicicleta todo terreo). Andaremos polos montes da contorna de vedra cun percorrido fácil de 20 Km, para espantar as bruxas e que a xente do lugar comente que viron pasar a santa compaña, todo aquel que queira, pode acompañarnos, sairemos do campo da festa de san xulian as 20:00 horas do sábado e acabaremos alí tamén. Se non coñecedes a aventura sobre dúas rodas de noite, vos aconsellamos que traigades unhas boas luces dianteira e traseira para poder disfrutar dos lugares.

      Noutro tema tamén algún tiroleco con outro grupo os carrozas irán a ascender aos lagos de covadonga ese mesmo día

viernes, 10 de octubre de 2014

I Carreira Pedestre San Xián

Ca chegada do outono, os Tirolecos póñense de novo a traballar para outra actividade deportiva dentro da parroquia de vedra. Nesta ocasión van facer unha carreira pedestre para volver a recuperar a tradición que hai anos se facía neste lugar de San Xián. será o día 18 de outubro e nela poderán participar tódalas persoas que queiran disfrutar dunha tarde de sábado de deporte, despois a comisión de festas da mesma parroquia celebrará un xantar para todos aqueles que estivesen apuntados.