ALGO ESTÁ CAMBIANDO EN SAN XULIÁN...

sábado, 25 de octubre de 2014

SAIDA NOCTURNA DE TÓDOLOS SANTOS E SUBIDA AOS LAGOS DE COVADONGA

Para o vindeiro sábado día 1, día de tódolos santos, os Tirolecos de san xulián farán a súa xa tradicional saída nocturna en btt ( bicicleta todo terreo). Andaremos polos montes da contorna de vedra cun percorrido fácil de 20 Km, para espantar as bruxas e que a xente do lugar comente que viron pasar a santa compaña, todo aquel que queira, pode acompañarnos, sairemos do campo da festa de san xulian as 20:00 horas do sábado e acabaremos alí tamén. Se non coñecedes a aventura sobre dúas rodas de noite, vos aconsellamos que traigades unhas boas luces dianteira e traseira para poder disfrutar dos lugares.

      Noutro tema tamén algún tiroleco con outro grupo os carrozas irán a ascender aos lagos de covadonga ese mesmo día

viernes, 10 de octubre de 2014

I Carreira Pedestre San Xián

Ca chegada do outono, os Tirolecos póñense de novo a traballar para outra actividade deportiva dentro da parroquia de vedra. Nesta ocasión van facer unha carreira pedestre para volver a recuperar a tradición que hai anos se facía neste lugar de San Xián. será o día 18 de outubro e nela poderán participar tódalas persoas que queiran disfrutar dunha tarde de sábado de deporte, despois a comisión de festas da mesma parroquia celebrará un xantar para todos aqueles que estivesen apuntados.