ALGO ESTÁ CAMBIANDO EN SAN XULIÁN...

domingo, 30 de marzo de 2014

IV RUTA BTT TIROLECOS SAN XULIÁN

Boas amigos, xa falado varios temas e xa tendo en vigor a asociación, decidímonos por fin vendo moitos calendarios a definitiva data da xa clásica ruta btt san xulián en vedra. Esta data querémola manter definitiva ou so movernos nese fin de semana, porque unha das cousas que nos faltaba era definir de unha vez por todas a data. Esperando que a todos vos guste a idea, esperando, como non, todos os comentarios que se vos ocurran deixámosvos esta entrada para que así o fagades. Agora empeza o traballo duro. Unha aperta. Os Tirolecos San Xulián (vedra).

lunes, 24 de marzo de 2014

I NOCTURNA CIDADE DE COMPOSTELA

Nocturna arriscada en compostela polo número de participantes, pero que se esperaba si era na capital Galega, unha ruta bonita para ser urbana ao mismo tempo que esixente. Nalgún punto faltou algun tipo de sinalización xa ben sexa con cinta ou sinais pero moi ben organizado todo. Deixámosvos algunhas das instantáneas que lles sacaron a algún valiente tiroleco que se animou a ir. Seguimos polo bo camiño Quen queira formar parte da nosa familia que se poña en contacto con nós.

lunes, 3 de marzo de 2014

RUTA BTT A CAMELIA 2014

Hoxe día 2 de marzo de 2014 oito valientes tirolecos, dispoñémonos a sair na xa IV ruta da camelia, do noso concello en vedra. tomámola ruta como a nosa primeira expereciencia algúns no tema este do btt e outros xa máis asiduos a este deporte. A ruta sempre comentada polo seu bo trazado e a sua beleza que este ano lle cambiaron o sentido de dirección, penso eu cronista, que mellorou algo, así como os novos lugares que aumentaron, zona de Trobe e ponte de Gundián... entre outros. Tomámolo con calma xa que o noso presidente iba tomando contacto, que por certo fixo moi ben. Os dous de cabeza tiveron que, por dúas veces a asistir un membro da peña de Mosqueteros de betanzos, a amañar a cadea que da primeira vez se lle votara fora dos piñóns e da segunda o eslavón que se enganchara na primeira vez doblou hasta que enganchaba polo que tivemos que cambiarllo. Despois Felipe, o mosquetero, decidiu acompañarnos todo o camiño ata a meta. Por detrás o resto de tirolecos disfrutaban das paisaxes e sacaban fotos para o recordo. Chegamos case os últimos pero iso non nos importa, levamos unha nova experiencia de aprendizaxe, e como di o refrán: o importante é participar.